Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2020

Making off

No primeiro trimestre xa comezaos a elaborar o noso making of. Esta foi a primeira parte no centro. Presentouse a Comunidade Educativa no mes de Nadal. Algunhas partes aparecen distorsiondas pola confidencialidade do alumnado. Aínda así esperamos qe vos guste.

Paco Papán contra o acoso escolar

PacoPapán tamén se anima a participar nas actividades propostas no centro dende a nosa páxina web. Unha das actividades para traballar o non ó acoso escolar é facerse unha foto co que máis nos gusta facer. Adiviñades que é o que máis lle gusta a Paco?😂😂😂

Paco segue a traballar

Hoxe levamos unha gran sorpresa. Atopamos a Paco regando... A pesar de estar na casa, o proxecto segue adiante grazas a mestras con boas ideas. 😉😉

Día 1 de maio: Día do traballo.

Hoxe é un día especial para Paco, rapaz de múltiples profesións. Para conmemorar o traballos tradicionais é todos eles moi importantes nestes días de confinamento, recollemos algunhas das obras de arte que fan referencía aos traballos que Paco desempeña día a día. Así recordamos: Os xastres, que están a confeccionar mascarillas e batas para protexernos. Os labregos, que traballan para que teñamos frutas e verduras tódolos días no supermercado. Os gandeiros , que sin eles non poderíamos comer carne e ovos. Os taberneiros , que nestes días non poden abrir os seus locais, e estan a sufrir esta situación. Os carpinteiros, que están a facer o seu traballo para que podamos disfrutar cando saíamos da casa. Os panadeiros que cada día nos traen o pan para comer. E coma non sanitarios, funerarias , etc.. que están a loitar pola vida e pola menor tristeza posible. A todos eles, MOITAS GRAZAS do CEE Santa María.

Pintar a horta.

Como actividade plástica, e para os grandes pintores do centro, contamos con estes debuxos para pintar a nosa horta. Pero tamén, vós animamos a debuxar o voso horto, ou a Paco regando no horto. Seguro que facedes grandes obras de arte.

Música nos debuxos animados.

No blog de música do centro pódedes disfrutar da música nos debuxos. Exemplo claro, de porque no centro tamén estabamos a crear músicas para o noso corto. Podedes acceder o enlace dende esta páxina: https://andar-1.blogspot.com/2020/04/mercores-22-miercoles-22.html

O señor da serra.

No blog de música do cole, baílanse danzas do no proxecto. Deixámosvos o enlace para que podades disfrutar delas. Bailemos dende a casa. https://andar-1.blogspot.com/2020/04/mercores-29-miercoles-29.html

Paco Papán rega na horta.

A labrega pídelle a Paco que regue na horta. Atopa e conta os alimentos que ten que regar.

Paco Papán na horta.

Esta foi unha das secuencias rexitradas co programa oqo motion cos alumnos de xardinería. Esperamos que vos guste. Paco Papán vai traballar a horta. A labrega mandoulle regar. Tanto regou, e regou e regou que tivo que sair nadando.

Paco Papán contando...

Paco foi a granxa e escapáronlle tódolos animais. Axúdalle tí a atopalos.

Música en Paco Papán.

Esta actividade consiste en diferenciar o son do silencio. Coa canción do conto de Paco Papán, e xogando con ela, o alumnado ten que identificar cando hai son e cando está en silencio. Esta mesma actividade e coa mesma canción, pódese realizar un xogo tradicional como o " Xogo das sillas" na casa. Aquí tedes a canción e os pictos para sinalar son e silencio. Un día menos...

Saídas dende o día 26 de abril.

A partir do 26 de abril, podemos comezar a sair un pouco ás rúas, pero sempre tomando as medidas necesarias. Paco, tamén está a tomar esas medidas para ir a desenvolver o seu traballo. Sexamos todos responsables.

Paco Papán no día do libro.

Hoxe Paco tamén quere celebrar convosco o día do libro. A él tamén lle gusta ler moito. De feito, hoxe dedicará o día a ler o seu libro preferido. Un saúdo a tódolos lectores.

Vocabularío Paco Papán: O cemiterio.

O domingo Paco Papán vai traballar o cemiterio, onde se namora dunha rapariga axudándolle a recuperar a súa voz.

Paco Papán na panadería.

Neste curso e pola situación que estamos a vivir, non nos deu tempo a rematar a nosa curtametraxe. Mais o noso alumnado traballou moito sobre ela. A maioría das escenas estaban a ser grabadas antes do confinamento. Aquí vos deixamos o anaco de Paco traballando na panadería. Un aplauso ao noso alumnado coa profe Iris, por facer este gran traballo. O sábado, Paco foi a panadería. A panadeíra mandouno amasar. Amasou, amasou, amasou ... ata que a masa levedou e reverteu da artesa.  A panadeira deulle un saco de fariña e botouno fóra. Paco atou o saco cunha corda e levouno a rastro.

Luz nas grabacións.

Outra das tarefas que se traballou no centro foi os distintos tipos de luces durante as grabacións. Aquí vos deixamos algúns dos exemplos das fotos que fixerón os nosos alumnos para traballar e recoñecer os distitnos tipos de luz.

Storyboard de Paco Papán

Os nosos alumnos antes de ter que quedarnos na casa fixerón o storyboard do noso Paco Papán para despois comezar coas grabacións. Aquí vos deixo o noso primeiro storyboard. Trátase dun guión gráfico que nos permite a previsualización do noso corto ou animación antes de comezar a grabación.

Teño un tractor amarelo.

Recordamos algunha das cancións que traballamos no Entroido, co tema da granxa.

Vocabuario Paco Papán: A granxa.

Continuamos traballando o vocabulario. Hoxe tocanos a granxa.

Xogos de Carpinteiros.

A continuación tedes un enlace para un xogo on line de carpintería. Trátase de colocar o queixón marrón no cadrado, para iso podes utilizar tódolos elementos que atopas na imaxe. Cántos niveis eres capaz de pasar? Comentao na páxina. http://sv.game-game.com/128267/

Vocabularío Paco Papán: A carpintería

Hoxe traballamos o vocabularío da carpintería.

Paco Papán en lingua de señas.

Aquí tedes un enlace da canción de Paco Papán en LSE.

Vocabulario Paco Papán: a taberna.

Comezamos o terceiro trimestre, e continuamos a traballar co noso conto. Agora ímos  traballar co vocabulario da taberna.

Xogos de auga.

Paco o martes mollouse un montón. vós tamén podedes. Aquí algún que outro xogo de auga, ou para ver ou para experiementar...

Vocabulario de Paco Papán: A horta e os labregos.

O martes Paco vai traballar a casa dos labregos, e regou e regou e  horta enchoupou.