Ir al contenido principal

Paco Papán na panadería.

Neste curso e pola situación que estamos a vivir, non nos deu tempo a rematar a nosa curtametraxe. Mais o noso alumnado traballou moito sobre ela. A maioría das escenas estaban a ser grabadas antes do confinamento. Aquí vos deixamos o anaco de Paco traballando na panadería. Un aplauso ao noso alumnado coa profe Iris, por facer este gran traballo.

O sábado, Paco foi a panadería. A panadeíra mandouno amasar. Amasou, amasou, amasou ... ata que a masa levedou e reverteu da artesa.  A panadeira deulle un saco de fariña e botouno fóra. Paco atou o saco cunha corda e levouno a rastro.


Comentarios

Entradas populares de este blog