Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2020

Qué tempo fai hoxe?

Estas fichas impresas permítennos traballar o tempo do día. Trátase de pegar o pictograma do día que fai hoxe. Cada ficha inclúe o escenario no que Paco papán traballa cada día. O LUNS PACO PAPÁN FOI TRABALLAR A XASTRERÍA O MARTES PACO PAPÁN VAI A TRABALLAR A CASA DUNS LABREGOS. O MÉRCORES PACO PAPÁN VAI TRABALLAR A TABERNA. O XOVES PACO PAPÁN VAI TRABALLAR A GRANXA O VENRES PACO TRABALLOU NA PANADERÍA

Qué día é hoxe?

Esta actividade é para imprimir. Con ela podedes traballar os días da semana con pictogramas. Está relacionada co conto de Paco Papán e as súas profesións. 

Paco Papán visita o Parque de Rosalía

Seguimos a facer actividades para celebrar o día de Rosalía. Paco Papán participa en estas actividades como membro da Comunidade do Cee Santa María. Fomos o parque de Rosalía a poñerlle flores polo seu aniversario. As flores foron feitas polos alumnos de tódalas aulas.

Mérida e Paco Papán

Hoxe houbo de novo eleccións no centro. O equipo de Biblioteca organizou unha votación para escoller o nome da súa mascota. Paco Papán, non para de traballar no noso cole, e tamén participou na elección.

Día de Rosalía de Castro

O día 27 de febreiro tivemos a visita do grupo de teatro "Os Quinquilláns" coa regueifeira Alba Díaz, que representaron " A pluma viva de Rosalía". Paco Papán estivo na representación e fíxose fotos con eles.

Día da amizade

O 14 de febreiro celebramos " O día da amixade" e Paco tamén estivo presente.

O Entroido de Paco Papán

Este ano no Entroido disfrazámonos do conto de Paco Papán e representámolo o estilo Cee Santa María no salón de actos. Pasámolo en grande. Deixámosvos algunhas evidencias da nosa festa.  Paco Papán no noso Entroido  Os panadeiros  Os carpinteiros  Os labregos Os xastres Os granxeiros Os taberneiros Os enterradores