Tercer día de Paco nas Letras Galegas. Hoxe recordamos que o noso autor viviu en Lugo, na nosa cidade. Veremos si vos decatades de onde traballou.
É chegou o día en que a nosa curta participou no programa Nós tamén creamos. Non fomos seleccionados como gañadores, pero nós sentímonos coma se o premio fose noso. Temos que felicitar o noso alumnado, porque a pesar do ano que vivimos e estamos a vivir, esforzáronse e lograron o resultado desexado. Tódolos mestres que participamos neste proxecto ( Iris, Marta, Mónica, Cristina, Antonio, Juan Luis e Ángela) estamos super orgullosos do noso alumnado; da súa capacidade para crear e adaptarse a todo tipo de situacións. Merecen o mellor dos nosos aplausos e a mellor das nosas felicitacións. Como non, non podemos deixar de felicitar aos coles gañadores. Fixeron un gran traballo e dende o noso centro mandámoslles unha gran aperta e un enorme aplauso. 👋👋👋👋 Nós seguiremos a traballar e facer proxectos nosos, e sobre todo a participar coma os demáis, porque noso alumnado fai coma quen máis, e merécese que sexa visto e sexa valorado. Deixámosvos o enlace para ver a nosa curta e as curtas que
Comentarios
Publicar un comentario