Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2020

Paco Papán contra o acoso escolar

PacoPapán tamén se anima a participar nas actividades propostas no centro dende a nosa páxina web. Unha das actividades para traballar o non ó acoso escolar é facerse unha foto co que máis nos gusta facer. Adiviñades que é o que máis lle gusta a Paco?😂😂😂

Paco segue a traballar

Hoxe levamos unha gran sorpresa. Atopamos a Paco regando... A pesar de estar na casa, o proxecto segue adiante grazas a mestras con boas ideas. 😉😉

Día 1 de maio: Día do traballo.

Hoxe é un día especial para Paco, rapaz de múltiples profesións. Para conmemorar o traballos tradicionais é todos eles moi importantes nestes días de confinamento, recollemos algunhas das obras de arte que fan referencía aos traballos que Paco desempeña día a día. Así recordamos: Os xastres, que están a confeccionar mascarillas e batas para protexernos. Os labregos, que traballan para que teñamos frutas e verduras tódolos días no supermercado. Os gandeiros , que sin eles non poderíamos comer carne e ovos. Os taberneiros , que nestes días non poden abrir os seus locais, e estan a sufrir esta situación. Os carpinteiros, que están a facer o seu traballo para que podamos disfrutar cando saíamos da casa. Os panadeiros que cada día nos traen o pan para comer. E coma non sanitarios, funerarias , etc.. que están a loitar pola vida e pola menor tristeza posible. A todos eles, MOITAS GRAZAS do CEE Santa María.