Ir al contenido principal




É chegou o día en que a nosa curta participou no programa Nós tamén creamos. Non fomos seleccionados como gañadores, pero nós sentímonos coma se o premio fose noso. Temos que felicitar o noso alumnado, porque a pesar do ano que vivimos e estamos a vivir, esforzáronse e lograron o resultado desexado. Tódolos mestres que participamos neste proxecto ( Iris, Marta, Mónica, Cristina, Antonio, Juan Luis e Ángela) estamos super orgullosos do noso alumnado; da súa capacidade para crear e adaptarse a todo tipo de situacións. Merecen o mellor dos nosos aplausos e a mellor das nosas felicitacións.

Como non, non podemos deixar de felicitar aos coles gañadores. Fixeron un gran traballo e dende o noso centro mandámoslles unha gran aperta e un enorme aplauso. 👋👋👋👋

Nós seguiremos a traballar e facer proxectos nosos, e sobre todo a participar coma os demáis, porque noso alumnado fai coma quen máis, e merécese que sexa visto e sexa valorado.

Deixámosvos o enlace para ver a nosa curta e as curtas que se presentaron ao programa. Igualmente podedes disfrutar das curtas gañadoras dos centros:

CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo ( A Coruña).

CEIP Plurilingüe Virxe do Mar. Narón. ( A Coruña).

CEIP Ramón Otero Pedrayo. A Laracha. ( A Coruña).

Pincha aquí para ver tódalas curtas: Curtametraxes Nós tamén creamos 2020

Pincha aquí para ver a nosa curta: Curtametraxe do CEE Santa María: PACO PAPÁN


Comentarios

Entradas populares de este blog

Música nos debuxos animados.

No blog de música do centro pódedes disfrutar da música nos debuxos. Exemplo claro, de porque no centro tamén estabamos a crear músicas para o noso corto. Podedes acceder o enlace dende esta páxina: https://andar-1.blogspot.com/2020/04/mercores-22-miercoles-22.html

Curta Nós tamén creamos na TVG2

  Durante a semana do 8 de marzo sobre as 19:00 horas poderemos disfrutar das curtas que este ano se presentaron á edición na TVG2. Sería bo, que o alumnado e toda a Comunidade Educativa disfrute de esta oportunidade. Seguro que lles fai moita ilusión. Mentras tanto poderes disfrutar dos gañadores no seguinte enlace: https ://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/rede-de-dinamizacion-linguistica/programas/contido_0147/resolucion-dos-premios-nos-tamen-creamos-curtas-animacion-galego-2019-2020